20 de abril de 2008

AVENTURAS DE CACAHUEQUI


Finalizou a 26ª edición do Salò Internacional del Còmic de Barcelona.
Dándome unha voltinha por alí o mais interesante que atopei formaba parte do panorama da banda desenhada galega, curioso eh? Atopo cousas interesantes de Galiza en Barcelona...
Merquei algunhas cousinhas que comezo a saborear con moito pracer, coma son "Aventuras de Cacahuequi" de Jacobo Fernandez Serrano, e o fanzine "Barsowia", publicado polo colectivo galego de autores Polaqia, que recibiu na edición pasada do Salò o premio ó mellor fanzine do 2006.
Nesta edición os autores galegos voltaron a ser reconhecidos e ano que ven Galiza será a comunidade convidada no Salò (ocasión perfecta para vir visitar Barcelona).
Convídovos a que naveguedes un pouquinho pola rede e descubrades os segredos moi interesantes do que se fai na casa que non son as veces doados de atopar.
Disfrutade.